Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

9-30-2021 Editorial: O teu futuro traballo está en Hattrick!

Gústache Hattrick ata o punto de querer axudarnos a mellorar o xogo? Esta é a túa oportunidad de facelo posible! Andamos na procura dun desenvolvedor e un community manager para reforzar o noso equipo, de cara a preparar o noso 25 aniversario.
Hattrick é un sitio único en Internet, como todos sabemos. E tamén un lugar fantástico para traballar.

Agora que temos vacantes, gustaríanos invitarmos a que vos unades! O negocio de Hattrick está nun punto no que ten sentido aumentar o noso nivel de ambición, de aí que queramos aumentar a nosa plantilla.

Nada nos faría máis felices que ser quen de conseguir aos candidatos perfectos dentro da nosa comunidade. Xente ben preparada profesionalmente, pero que teña unha especial conexión con Hattrick e a súa comunidade.

Non somos unha gran empresa corporativa, senón que máis ben nos definimos como unha pequean empresa basada na confianza mutua onde todos nos responsabilizamos do traballo global e aportamos ideas para mellorar o xogo. A verdade é que o persoal co que contamos é moi talentoso e resolutivo. Ao mesmo tempo, estamos interesados en traer savia nova con ideas e enerxías renovadas, arroupada por un ambiente de traballo moi colaborativo.

Que estamos a buscar exactamente? O noso obxectivo é contratar dous desenvolvedores e unha persoa para o equipo de communities. Se tes coñecementos en ambas parcelas, tamén podería ser interesante.

Se cres que reunes as capacidades para axudar ao noso equipo de traballo, non sexas tímido e fáinolo saber. Incluso se o teu CV non está directamente relacionado co que pedimos!

Dous desenvolvedores

Andamos na procura de dous desenvolvedores, que talmente poderían ser un especialista front-end e outro back-end, ou incluso mellor unha mistura dos dous.

As tecnoloxías front-end coas que traballamos son Microsoft .NET, Javascript, Angular e HTML5. Con respecto al back-end, traballamos con bases de datos Microsoft SQL e para as nosas aplicacións utilizamos principalmente Visual Basic.NET.


If your skill set looks differently, that does not have to be a problem, but some kind of database experience is crucial for any Hattrick developer and it is very good if you are at least familiar with .NET.

It’s a bonus if you have worked with or is interested in game design, if you love to crunch numbers and do statistical analysis, or if you are into web and graphical design.

Community Manager

No tema da comunidade, queremos contratar unha persoa que faga de ponte entre a comunidade e o equipo de desenvolvedores, ademáis de xestionar as redes socias de Hattrick. Necesitarás ter boas dotes comunicativas en inglés, ademáis de un ou dous idiomas máis que sexan importantes na comunidade de Hattrick. Deberás ter experiencia como voluntario en Hattrick ou nalgunha outra función que tivera relación coa axuda á comunidade. Ter certo bagaxe en programación sería un gran extra, xa que axudaría a facilitar a comunicación co equipo de desenvolvedores.

Se tes experencia profesional como desenvolvedor, xornalista, deseñador ou comercial, tamén se terá moi en conta. Pero o máis importante de todo é que teñas moitas ganas de axudar a que os nosos usuarios desfruten do mellor xogo posible cando se conecten.

Cando, onde e como?

O noso equipo de desenvolvedores está instalado en Suecia, mentres que o equipo de communities está máis espallado. Aínda que predomina a cultura do teletraballo, cremos moi importante traballar xuntos físicamente de cando en vez. Deste xeito, buscamos xente disposta a mudarse ou viaxar a Malmö ou á rexión do sur de Suecia.

Consideraremos todas as propostas, independentemente da localización xeográfica -aínda que ese é un dos puntos que teremos en conta para o proceso de selección.

Interésache? Canto antes no lo fagas saber, mellor. A dirección de correo electrónico é jobs@hattrick.org. Envíanos un CV acompañado dunha pequena carta contándonos a túa experencia persoal e hattriqueira. Se tes algunha pregunta, fáinolo saber tamén. O proceso de contratación é flexible e podería ser que non precisemos de tódolos postos ao mesmo tempo, pero canto antes mostres ou teu interés, máis posibilidades terás de formarte parte do noso grupo.

Por favor, enviade as vosas aplicacións antes do 15 de outubro de 2021.

Benvido ao noso equipo!
 
Server 082