Editorial: Reaccións no foro, posicións recomendadas e xuvenís
3-5-2024
As novidades deste mes non revolucionarán o xogo, pero están cargadas de xeitosas actualiacións para os usuarios das conferencias, os equipos de xuvenís e os Supporters. Tamén lanzamos unha nova etiquetación de xogadores para axudar ós usuarios, especialmente ós novos, a que organicen ben os seus equipos e mellorar as búsquedas no mercado.
Unha das cousas máis visibles que vas notar é que as conferencias de Hattrick ofrécenche agora a posibilidade de reaccionar de xeito máis rápido ás mensaxes que respostándoas directamente. As nosas reaccións das conferencias consisten nun conxunto de emoticonos, coma o pulgar cara arriba e outras cariñas variadas. Tamén engadimos a opción de realizar enquisas que agochen o resultado ata que finalice a mesma -moi útil para as votacións-.
Polo que respecta á canteira, agora podes decidir de antemán se queres deixar o grupo no que estás antes de que finalice a liga. Ademáis, baixamos o tempo que se tardaba en crear os partidos para a seguinte tempada: os encontros crearanse tan pronto esté cheo o grupo. Se ninguén abandoa o grupo, os partidos crearanse aproximadamente tres horas despois de que acabe a última xornada.
Tede en conta que que este cambio farase efectivo dentro dunha semana para que poidades prepararvos a tempo.
Seguindo cos xuvenís, cando busques un grupo para unirte a él a través da app do móbil, agora poderás usar un filtro para ver soamente os grupos nos que podes entrar. Este filtro xa existía na versión web, pero xa é unha realidade na app.
Os Supporters notarán unha boa mellora das súas listas de favoritos -dobrando o número permitido por cada categoría-. Ademáis, dámosche a posibilidade de que elimines ós teus xogadores do Furancho dos Figuras. Isto débese a que non é unha decisión que se poida tomar tan á lixeira! Xeralmente, os heroes do noso club deben ser máis lembrados que esquecidos. Así a todo, moitos Supporters pediron poder enmendar os seus errores e queremos darlle a liberdade de facelo.
Noutro orden de cousas, tamén introducimos un sistema de categorización de xogadores máis dinámico. Baseándose nas habilidades dos xogadores, calculamos a súa posición recomendada coa mesma fórmula de calificación de estrelas que usamos na sección de encontros. A partir de agora verás unha icona gris á esquerda de cada xogador para definir a súa posición cun vistazo máis rápido en diferentes seccións da web.
Na paxina dos detalles do xogador terás un mini-esquema onde se predice o rendemento do xogador nas posicións do campo máis axeitadas para el.
O sistema de Posicións Recomendadas pode eliminarse nos Axustes se prefires prescindir del. Se eres Supporter e seleccionas manualmente unha categoría para un dos teus xogadores, sempre aparecerá visible a que escollas ti.
Isto repercutirá no modo de búsqueda do mercado, xa que agora podes utilizar as mesmas categorías de xogadores como filtro para atopar os xogadores que máis se axustan ó que realmente precisas. Por exemplo, se seleccionas a opción "Defensa Lateral", na búsqueda aparecerán xogadores nos que primen as habilidades "Defensa", "Lateral" e "Xogadas", nese orden de prioridade. Este tipo de búsqueda pode non ser moi útil para os usarios máis veteráns, aínda que os filtros xa existentes permanecerán tal e como estaban.
Grazas por este mes e vémonos en abril!