Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O Hattrick anuncia

1-17-2022 Escadas locais

Hoxe imos falar sobre a unha funcionalidade da nosa app móbil, os Círculos Locais. Nestes círculos tes a oportunidade de conectar con outros managers da túa mesma cidade.

Comezamos: como parte de campaña de nadal, demos máis de 1300 agasallos de Supporter a membros dos Círculos Locais, gracias a compras feitas por outros membros do mesmo círculo. Parabéns!

Segundo: engadimos unha nova escada para os Círculos Locais. Calquera do círculo pode abrir unha escada local, sexa na web sexa na app, e unha vez aberta, quen queira do círculo pode unirse. A ver quen é o rei da pista!

Temos unha campaña activa de Hattrick credits, polo que se queres probar estas escadas ou outros productos Gears, este é o momento axeitado.

Asumimos que moitos dos Círculos Locais son pequenos e aínda non teñen moito ambiente, pero cremos que teñen moito potencial para ser a base de comunidades locais máis fortes. Aínda que a pandemia non é o mellor para as quedadas, os tempos da mascarilla rematarán máis pronto que tarde, polo que este é o mellor xeito de coñecer xente na zona.

No lanzamento prometemos que íamos premiar ós círculos máis activos. E cales son?

Na nova páxina de Círculos, podes comprobar que os máis frecuentados do mundo son Barcelona (189 usuarios), Bos Aires (177), Varsovia (156), Budapest (145) e Milán (142).

Se fuchicamos un chisco máis, as parolas locais máis activas sonche Guadalaxara, México (37 mensaxes por membro activo), Barcelona (35), Caracas (30), Tijuana, Mexico (26) é Xenebra (25).

A maior porcentaxe de membros dun Círculo activos na parola atópase en Évora, Portugal e Tijuana, México (o 100% en ambos, Lleida, España (93%), Tarragona, España (90%), e Córdoba, Arxentina (86%). Seica as culturas ibéricas e os seus curmáns suramericanos sonche moi sociables, e os cataláns teñen un grande senso de comunidade!

Imos coordinarnos con membros de confianza dos círculos de Barcelona, Guadalaxara, Tijuana e Èvora para asegurarnos que receben unha boa caixa de agasallos hattriqueiros para repartir entre os locais!

1-3-2022 Sorteo da Hattrick Masters

A Hattrick Masters dará comezo o próximo luns. O sorteo celebrarase hoxe ás 15:00 (CET).

12-24-2021 Bo Nadal -e próspero Federer-!

Desexámoslle a tódolos usuarios de Hattrick unhas festas cheas de diversión, descanso e tempo de calidade cos teus. Que en outras verbas quere decir que debes xuntarte cos impresentables que tés ao teu arredor para sacar a cana de herbas e o licorcafé e durmir a mona sen poñer o despertador.

Bromas aparte, nestes tempos tan confusos e todavía perigosos, pásadeo ben, pero coa responsabilidade de velar pola saúde dos vosos semellantes.

Grazas por facer de Hattrick un lugar que paga a pena.


12-23-2021 Un Papá Noel segredo agóchase no Círculo

Sabemos que a pandemia todavía non chegou ó seu fin e outro Nadal na casiña semella o plan máis sensato. Pero o mundo exterior segue estando aí e as quedadas hattriqueiras parecen unha boa forma de comezar a tomar contacto con xente da túa propia cidade. Así que vaite preparando porque...

...organizamos unha festa local cun Papá Noel segredo! Para participar, tanto os donantes como os beneficiarios precisan unirse a un Círculo Local.

Como funciona: cada vez que alguén merque un producto na campaña supporter de Nadal que se está a levar a cabo, un agasallo dun mes extra créase para ser asignado ó Círculo Local dese donante. Os agasallos ubicaranse baixo a árbore de Nadal de Hattrick e serán repartidos por Papá Bob a comezos de xaneiro. A metade dos agasallos serán cousa das asignacións dos donantes nos seus Círculos e o resto chegará de Círculos aleatorios arredor do mundo.

Sempre que pertenzas a un Círculo, terás posibilidades de gañar!

Lembra que só podes unirte ou mudar de Círculos Locais dende o teu móbil, dado que a xeolocalización é primordial para atopar o lugar máis axeitado para ti.

Tamén estamos traballando en melloras de primeira necesidade para os Círculos. Mentres que os Círuclos Locáis son principalmente unha ferramenta do móbil, consideramos que unha vez atopas o teu sitio, deberías poder interactuar nel dende a páxina web. Polo que agora hai un sección de Círculo Local na web, que se atopa debaixo do Meu Hattrick/Comunidade. Aquí podes acceder ao chat local, ver a lista completa do teu Círculo e os novos membros que se incorporan e incluso comprobar as estadísticas da campaña de Nadal.

Na app fíxemos algún cambio é agora os Círculos Locáis atópanse debaixo da sección Social, na que verás a mesma información do párrafo anterior.

Ademáis, na páxina web mostraremos estadísticas globais relacionadas cos Círculos Locais, tales como os Círculos máis grandes, o número total de Círculos e o número total de participantes.

Agardamos que vos guste a actualización e boa sorte cos agasallos de Papá Noel!

12-12-2021 All hail Slovakia!

Slovakia is the new World Champions in Hattrick, beating Italy by 5-3 in the Friday night final.

Italy took an early 0-2 lead, but Slovakia worked themselves into the game and by half time the score was 2-2. Italy then again grabbed an early lead in the second half and it was only in the 75th minute that Slovakia managed to tie again, this time through an indirect free kick.

In extra time, however, it was all about Slovaka. the match ended 5-3 and it is clear that portuguese manager Kanit0 has done a wonderful job with the squad. We congratulate him, as well as the Slovakian community, for this great achievement! Kudos also to the Italians for a great campaign, led as they were by head coach Monco-Ultras.

12-9-2021 Chegan as eleccións!

Co [World Cup a piques de rematar coa final de mañá, é hora de elexir aos próximos adestradores das seleccións ABS.

Se queres participar como candidato, o primeiro que debes facer e rexistrarte como tal.

O rexistro comezará o venres ás 7:00 (CET), e o periodo de votación abrirase o luns e durará unha semana. As eleccións terán lugar nos 144 países de Hattrick que poden competir no Mundial, o que supón o debut de 16 seleccións!

O teu discurso de candidato será posteado automáticamente como fío na conferencia nacional do país no que sexas candidato -e non perdas a oportunidade de dar resposta ás preguntas da comunidade.

Tanto para ser candidato como para votar nas eleccións precisas cumprir unha tempada enteira de antigüedade nese país.

Que comece a campaña!


12-7-2021 Cámbiate de grupo! (Se podes e queres)

Coma de costume, os mozos da HFA van permitir que algúns equipos cambien de grupo neste peche de tempada:

• A ventá para o cambio de grupo estará aberta desde o xoves 9 ás 00:00 ata o venres 10 de abril ás 23:59 (CET)
• Ós equipos da HTI só poderán cambiar de grupo ata o venres ás 16:00 (CET) para que de tempo á creación dos partidos da vindeira tempada.
• Só podes cambiar de grupo se militas nalgunha das tres últimas divisións do teu país
• Só poderás cambiar de grupo cun bot se é da túa mesma división. Poderás facelo na páxina de unha liga dándolle click no enlace que aparece ao lado do nome do bot co que desexes facer o cambio.
• Só poderás facer un cambio e será definitivo.

Poderás cambiar grupo cun bot na páxina do grupo do bot. Vai á clasificación, e atoparás o link despois do nome do equipo bot. Ten en conta que só poderás cambiar grupo con bots—equipos co logo do robotiño—, pero non con equipos sen dono—xa que estes últimos aínda non foron botificados.


 
 
Server 082