Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Competicións do Hattrick Arena

Os torneos son o sistema alternativo de competición para os equipos en Hattrick. Podes unirte aos torneos oficiais de escada e tentar converterte no Rei da Pista, ou podes participar en torneos organizados polos propios mánagers.

Ten en conta que podes xogar encontros amigables todas as semanas incluso se participas nun torneo.

Crear ou unirse a un torneo

Tes que ser Supporter Gold, Platinum ou Diamond para crear un torneo, senón só poderás crear torneos “Avanzados”. O creador decide o tamaño, o nome, etc. e logo invita mánagers ao torneo. Os Supporters Gold e Platinum poden unirse de balde nun único Torneo “Simple” á vez, pero terán que adquirir Credits para os demais torneos. Os demais poden unirse tamén a través de Hattrick Gears. Os Supporters Diamond poderán tamén participar nun torneo “Simple” e ata en 10 torneos ó mesmo tempo coa opción “Avanzado”, e non terán que pagar Credits por participar neles.

Cando o torneo estea completo, dará comezo automaticamente ao tempo que se creará unha conferencia específica para o torneo. Se un Torneo Simple non está completo 72 horas antes do comezo do primeiro encontro, o día de comezo aprazarase unha semana. No caso dun Torneo Avanzado, o comezo atrasarase se non está completo 24 horas antes do primeiro encontro, e o encontro moverase ó seguinte posible día.

Os partidos dos torneos simples dispútanse os luns, en tanto que os partidos dos torneos avanzados poden disputarse en calquera momento ao longo da semana.

Encontros do torneo (Escadas e outros)

Os encontros xóganse en campo neutral e non proporcionan ningún ingreso procedente dos espectadores (nin novos socios do teu club)

Todos os torneos usan nos seus encontros os mesmos datos de partido que nos encontros normais. Por tanto, usarase o estado de forma, de habilidades, de experiencia, de lesión, etc. que teñan os teus xogadores no día do partido. Con dúas excepcións: o espírito de equipo (e a confianza) terá un valor fixo e os cartóns irán aparte. Embaixo tes máis detalles.

Non hai efectos despois do encontro

Os encontros do Torneo non teñen efecto no teu equipo ou nos teus xogadores despois do encontro. Así, os xogadores non perciben adestramento ou experiencia deses encontros, nin ten efecto sobre a experiencia nas formacións, ou o espírito do equipo.

Detalles

Todos os detalles que precisas saber sobre os encontros dos torneos están nesta lista:

  • Espírito do equipo: o Espírito do equipo posúe un nivel fixo (satisfeitos) nos encontros de Hattrick Arena.
  • Confianza do equipo: a confianza posúe un nivel fixo (fantástica) nos encontros do torneo.
  • Lesións: Non se producirán lesións nos encontros do torneo, pero calquera xogador lesionado no Hattrick "normal" non poderá xogar.
  • Cartóns (torneos propios): Os Torneos teñen a súa propia conta de cartóns, sendo completamente independente da conta do Hattrick 'normal'. Isto é, calquera cartón recibido nun encontro dun torneo só contabilizará para ese torneo. De igual xeito, poderías ter un xogador sancionado por cartón vermello no Hattrick normal e podería xogar un encontro dun torneo.
  • Cartóns (Escadas): Os cartóns non se teñen en conta nos Torneos de escada.
  • Adestramento: Os xogadores non perciben adestramento dos encontros do torneo.
  • Experiencia: O xogador non gaña ningunha experiencia por xogar os encontros do torneo.
  • Formacións: A túa actual experiencia na formación no Hattrick "normal" é usada tamén nos encontros do torneo. Nembargantes, ti non gañas experiencia na formación nos encontros do torneo.

Torneos de escada

Nunha escada o teu obxectivo é alcanzar o chanzo máis alto e converterte no "Rei da Pista". E despois permanecer aí tanto como poidas. Para chegar ao cume debes retar outros equipos situados por cima de ti para ocupar o seu lugar na escada.

Normas dos retos

A túa posición na escada decidirá a que equipos podes retar.

  • Pos 2-5: Só poden retar ó equipo na praza inmediatamente superior da escada.
  • Pos 6-11: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-2ª por enriba súa da escada, co límite da 5ª praza.
  • Pos 12-18: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-3ª por enriba súa da escada, co límite da 10ª praza.
  • Pos 19-39: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-5ª por enriba súa da escada, co límite da 16ª praza.
  • Pos 40-63: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-7ª por enriba súa da escada, co límite da 35ª praza.
  • Pos 64-99: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-10ª por enriba súa da escada, co límite da 57ª praza.
  • Pos 100-129: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-15ª por enriba súa da escada, co límite da 90ª praza.
  • Pos 130-169: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-25ª por enriba súa da escada, co límite da 115ª praza.
  • Pos 170-199: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-35ª por enriba súa da escada, co límite da 145ª praza.
  • Pos 200-249: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-50ª por enriba súa da escada, co límite da 165ª praza.
  • Pos 250-599: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-75ª por enriba súa da escada, co límite da 200ª praza.
  • Pos 600-1099: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-100ª por enriba súa da escada, co límite da 525ª praza.
  • Pos 1100-2499: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-250ª por enriba súa da escada, co límite da 1000ª praza.
  • Pos 2500-5499: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-500ª por enriba súa da escada, co límite da 2250ª praza.
  • Pos 5500+: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-1000ª por enriba súa da escada, co límite da 5000ª praza.

Quen reta paga polo encontro e os equipos retados aceptarán automaticamente o desafío. O partido disputarase 24 horas despois de confirmarse o reto. Se o xogador que reta gaña o encontro devolveránselle os credits.

O posto muda despois do encontro

Se retas un equipo e lle gañas, ocuparás a súa posición. O equipo retado descende un posto (o mesmo lle ocorrerá ao resto de equipos que había na escada entre estes dous).

Exemplo: O equipo A está no posto 54 e reta a B, actualmente 47º. Se A gaña, A ocupará o posto 47 ocupado por B. B descenderá ao posto 48 e o equipo que ocupaba o 48º lugar descenderá ao 49º, o equipo que ocupaba o 49º lugar descenderá ao 50º, e así sucesivamente.

Se perdes, ambos equipos permanecerán nos seus respectivos postos.

Retar en períodos de graza

Tras un encontro onde fuches retado, non poderás recibir outro reto ata pasar 12 horas (desde o comezo dese encontro). Isto é, terás un período de graza que che permitirá a ti ser o que retes para poder subir na escada.

Despois dun partido retado por ti, non podes retar a outro equipo ata pasadas 12 horas (desde o inicio do anterior encontro). Isto dálle a outros de equipos a oportunidade de retarte. E tamén prevén de situacións onde, por exemplo, B sempre rete inmediatamente a A, facendo imposible que C o poida retar a él para tentar ocupar a súa posición.

 
Server 082