Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogadores: Habilidades

Cada xogador ten 8 habilidades básicas, e tamén hai algúns outros factores adicionais que afectan ao rendemento en distintas situacións. Fagamos primeiro un repaso das diferentes habilidades:
Resistencia: Marca a perda de capacidade dos xogadores durante o transcurso do encontro.
Xogadas: A habilidade para controlar o balón e convertelo en oportunidades de gol.
Anotación: Suponse que a pelota ten que entrar na portería.
Extremo: A habilidade para culminar ocasións de gol avanzando polas bandas.
Portería: O balón non debe entrar na portería propia.
Pases: Os xogadores que saben como dar un pase decisivo son de gran axuda para o ataque do equipo.
Defensa: A habilidade para deter os ataques rivais.
Balón parado: O resultado dos tiros libres e penaltis dependen da habilidade do teu lanzador de balón parado.

Son bos os meus xogadores?

No fútbol real podes dicir que un xogador é un extremo bastante xeitoso ou un defensa impenetrable cando os ves xogar. No Hattrick facemos o mesmo para describir aos xogadores. Empregamos denominacións (e non soamente para os xogadores) e temos unha escala para tódalas posibles habilidades, que vai dende nulo até caralludo. Podes ver as escalas completa de tódalas variables no noso apéndice.

Xogadores distintos necesitan distintas habilidades.

Non todos os xogadores precisan ser bos en todas as habilidades, aínda que a resistencia é realmente importante para todos.  As veces é suficiente que un xogador sexa bo nalgunha habilidade (distinta da resistencia), pero sacarás o máximo proveito da meirande parte dos teus xogadores se son bos en varias habilidades.  Que habilidades (aparte da resistencia) benefician a un xogador depende da posición na que vaia xogar:

Porteiro:

Non fai falla dicir que a portería é importante para os porteiros. Tamén lles vai ben ser bos defensores, mentras que o balón parado axúdalles a defenderse nos tiros libres e nos penaltis.

Defensas centrais:

Os defensas, naturalmente, deben ter un montón de defensa. Xogadas tamén lles virá ben, e a súa habilidade de pases realmente significa unha diferenza cando de contraatacar se trata.

Defensas Laterais:

A defensa é o máis importante, pero tamén tirarán proveito de ser bos extremos. Contribúen un chisco coa súa habilidade de xogadas, e a axuda dos pases cando contraatacan.

Mediocampistas:

Ter bos xogadores en xogadas no medio do campo é unha clave do éxito para a maioría dos equipos punteiros. Tamén empregan as súas habilidades en pases e defensa e unha boa parte da súa habilidade de anotación.

Extremos:

Naturalmente, benefícianse de ser bos extremos, pero as xogadas tamén son importantes. Ademais, tamén lle dan bo uso as habilidades de pases e defensa.

Dianteiros:

A súa tarefa principal é a de anotar goles, facendo da anotación a súa habilidade primaria. Os pases tamén son valiosos, así como extremo e xogadas.

Cambios nas habilidades

As habilidades cambian lentamente co tempo. Todas as habilidades poden ser melloradas adestrando durante a vida do xogador, pero cando os xogadores se fan vellos, tamén comezan a perder parte das súas habilidades. Todo o relacionado cos cambios nas habilidades está descrito no capítulo sobre o adestramento.
 
Server 082